De acordo coa proposta dos Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galiza, a Universidade de Vigo anuncia a convocatoria de 5 bolsas de colaboración para estudantes matriculados na titulación. Esta normativa xunto coa convocatoria correspondente publicarase no taboleiro de anuncios da Facultade de Belas Artes e na Reitoría. Ademais podese desacargar a convocatoria en formato pdf.
O obxecto das devanditas bolsas é colaborar nas aulas e talleres dos Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia.
Esta bolsa estará dirixida a estudantes matriculados nos Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia e que teñan os coñecementos precisos que lles permitan colaborar activamente nas aulas e talleres dos devanditos estudos.
Os/as bolseiros/as estarán baixo a tutela da directora dos devanditos Estudos Superiores.
O período de prestación da colaboración será o comprendido entre a adxudicación das bolsas e o 31 de decembro de 2011.
O tempo de adicación será de 15 horas semanais cada unha das bolsas, considerando o calendario oficial de períodos lectivos dos devanditos Estudos Superiores da Universidade de Vigo. Os horarios estarán distribuídos e adaptados ás necesidades do obxectivo das bolsas, entre luns e venres.
Poderán solicitar as devanditas bolsas aqueles alumnos matriculados nos devanditos estudos no curso académico 2010-2011, mediante solicitude dirixida á dirección dos mesmos no prazo que abrangue dende o día 06 de abril ata o día 15 de abril de 2011, entregándoa en calquera dos rexistros da Universidade de Vigo, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 4/1999.
A dotación económica é de 2.400 euros e o aboamento farase efectivo nun único pago ao final do período de colaboración.
Os fondos destas bolsas irán por conta dos 12.000 euros da aplicación orzamentaria 2011 00DC 421S 482.24.
|